lunes, 15 de diciembre de 2014

XOGO DE PESCAR DE INFANTIL B

En Infantil B inventamos un xogo guai. Chamámoslle XOGO DE PESCAR
Fixemos un mar de cartolina. Botamos pintura branca e de diferntes tonos de azul e mesturámola coas mans. Despois fixemos peixiños de cores que pintamos con ceras e recortamos. Puxémoslles un clip de metal a cada un. Fixemos as canas cun pau de facer brochetas, un cordel, un imán e listo.
Despois de pescar en grupos, desenvolver estratexias e compartir segredos traballamos o texto prescriptivo de como se xoga. Cústalles moito definir perfectamente a forma de xogar e precisamente resulta moi relevante a toma de conciencia da necesidade de precisar para que todo o mundo o poda entender.
Pódense facer moitas variacións con este xogo. Por exemplo podeemos convertelo nun xogo para sumar marcando cada peixe cun valor diferente e calculando ao final o valor do que pescou cada quen. Outra posibilidade e facer unha comperición cronometrada de xeito quie estaríamos traballando o tempo, en minutos e segundos,  que se tarda en pescar todos os peixes.
Mirade a presentación de diapositivas. Espero que vos guste e que opinedes

2 comentarios: