jueves, 18 de diciembre de 2014

RIMAS DE PEIXES

En Infantil B andamos a voltas cos peixiños de cores, así que fixemos un libro de rimas que compartimos cos nosos amigos e amigas do CEIP Agro do Muíño de Bertamiráns, cos que mantemos correspondencia interescolar.
Vimos varios vídeos, nos que descubrimos que hai moitos peixes distintos e de formas moi curiosas, así que os nosos non ían ser menos. Debuxamos varios peixes de diferentes tamaños, formas e cores.
Despois coa axuda de Ana inventamos rimas dos nosos peixes e aprendémolas de memoria.
Queríamos facer un mar e, despois de achegar distintas suxestións, decidimos solucionar o tema con papel celofán azul pegado nunha cartolina.
Quedaban moitas cousas por facer: escribir a rima tal e como somos capaces, escribila no ordenador de forma convencional, imprimir, recortar as palabras e volver recompoñer o texto... Foi guai porque descubrimos, entre outras cousas, que as palabras que soan parecido tamén se escriben parecido.
Para facer os nosos peixes utilizamos distintos materiais que tiñan texturas diferentes. Tivemos que traballar de xeito individual porque algúns materiais son difíciles de pegar e necesitamos algo de axuda.  O procedemento de traballo foi o seguinte:
Cada quen debuxou o seu peixe co lapis e repasou cun rotulador permanente. Despois, sacamos unha copia en cartolina para recortar e pegar no noso mar. O peixe do folio servíunos de plantilla para ir recortando as diferentes texturas que escollíamos para despois pegalas sobre a cartolina como se de un puzzle se tratase.
Unha vez rematados todos puxemos as algas e organizamos o noso libro que enviamos aos nenos e nenas do outro cole.
Aquí tedes a presentación de diapositivas. Esperamos que vos guste

No hay comentarios:

Publicar un comentario