miércoles, 3 de diciembre de 2014

Peixe Cantando de Miró.

 Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria participamos na sección bilingüe de plástica. Este curso estamos traballando con diferentes pintores. Un deles é Miró.
Como na escola temos o Proxecto Documental Integrado sobre o mar na clase de plástica o que fixemos foi reproducir o cadro titulado "Peixe Cantando".
Primeiro observamos a lámina co cadro e falamos das cores que aparecían e das formas xeométricas.
Loga a mestra reparteunos unha lámina na que faltaban todas as cores e picamos algunhas das formas xeométricas.
 Despois, recortamos trozos de papel charol e pegámolos nos sitios onde picaramos.
 Para rematar, coloreamos a lámina o noso gusto.







Velaí tendes algúns dos resultados. Quedaron chulísimas as nosas reproduccións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario