miércoles, 3 de septiembre de 2014

Alma de beiramar


O título que lle demos ao noso proxecto documental integrado deste curso está sacado dun poema do autor noiés Antón Avilés de Taramancos.
Aquí podédela ler completa:

A ialma está no sangue mergullada, 
vento, podes facela crencha como o río
en onde o cisne silandeiro nada.

Que ledicia ter alma de beiramar perdida
en onde hai pedra forte e furacán terriblel
en onde hai mainas ondas e dozura cumprida.

Ou ter alma de pino e de menhir alzado,
pra aloumiña-la noite do corazón escuro,
para quence-lo sono do luar acougado.

A ialma é unha vela encamiñada
pola forza do vento nos anceios
de ter alguén gardado nunha ollada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario