Nesta avaliación @s nen@s de 1º e 2º de primaria estivemos aprendendo cousas sobre Klimt.
Para rematar o trimestre reproducimos un dos seus cadros "Nadadora de Noche".
O primeiro que fixemos foi picar as estrelas, algúns de nós pensabamos que eran estrelas de mar e outros que eran estrelas do ceo.
Despois, pegamos papel charol prateado detrás de cada estrela.
Logo miramos na pizarra dixital a lámina do cadro e pintámolo utilizando as cores que aparecen no cadro.
Por último pegamos pelo artificial sobre a cabeleira da moza.
Deixamos unha foto do resultado final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario