En Infantil B andamos a voltas cos peixiños de cores, así que fixemos un libro de rimas que compartimos cos nosos amigos e amigas do CEIP Agro do Muíño de Bertamiráns, cos que mantemos correspondencia interescolar.
Vimos varios
vídeos, nos que descubrimos que hai moitos peixes distintos e de formas moi
curiosas, así que os nosos non ían ser menos. Debuxamos varios peixes de diferentes tamaños, formas e cores.
Despois coa axuda de Ana inventamos rimas dos nosos peixes e aprendémolas de
memoria.
Queríamos facer un mar e, despois de achegar distintas suxestións, decidimos solucionar o tema con papel celofán
azul pegado nunha cartolina.
Quedaban moitas cousas por
facer: escribir a rima tal e como somos capaces, escribila no ordenador de forma convencional, imprimir, recortar as palabras e volver recompoñer o texto... Foi guai porque descubrimos, entre outras cousas, que as
palabras que soan parecido tamén se escriben parecido.
Para facer os nosos peixes utilizamos distintos materiais que tiñan texturas diferentes. Tivemos que traballar de xeito individual porque algúns materiais son difíciles de pegar e necesitamos algo de axuda. O procedemento de traballo foi o seguinte:
Cada quen debuxou o seu peixe co lapis e repasou cun rotulador permanente. Despois, sacamos unha copia en cartolina para recortar e pegar no noso mar. O peixe do folio servíunos de plantilla para ir recortando as diferentes texturas que escollíamos para despois pegalas sobre a cartolina como se de un puzzle se tratase.
Unha vez rematados todos puxemos as algas e organizamos o noso libro que enviamos aos nenos e nenas do outro cole.
Aquí tedes a presentación de diapositivas. Esperamos que vos guste
jueves, 18 de diciembre de 2014
miércoles, 17 de diciembre de 2014
Excursión a Rianxo
A piques de rematar xa o trimestre e para relaxarnos despois de tantos exames, o alumnado de 3º e 4º ESO coordinado polo EDL fomos hoxe ata a vila veciña de Rianxo.
Para poñer o noso pequeno gran de area no PDI, "Alma de Beiramar", visitamos o Museo do Mar, a Casa museo de Manuel Antonio e para rematar demos un bo paseo por toda a vila. Percorremos as tres rúas que saen dende a Praza de Castelao: a de Arriba, a do Medio e a de Abaixo; chegamos á Praza de Rafael Dieste onde puidemos observar a balconada do Pazo do Martelo; vimos os escudos que había na rúa onde tamén se atopaba a casa de Castelao e Dieste; fomos ata o antigo Consistorio, chegamós á Praciña e á rúa de Paio Gomes Charinho, atravesamos o famoso "pasadizo" para poder medir as famosas "casas remo"; fomos xunto a capela de San Bartolomeu e observamos cada un dos monumentos que hai adicados aos nosos escritores máis célebres no paseo de Manuel Antonio. Dende logo, tamén sacamos unha fotografía xunto á "Manueliña".
No Museo do Mar, explicáronnos moi ben cada unha das técnicas de pesca e a historia da vila de Rianxo en relación coa explotación marítima.
En fin, unha mañá moi intensa que rematou cunha gran foto de grupo diante da Igrexa de Santa Comba, patroa de Rianxo.
Para ver a totalidade das fotos, ide á galería.
lunes, 15 de diciembre de 2014
XOGO DE PESCAR DE INFANTIL B
En Infantil B inventamos un xogo guai. Chamámoslle XOGO DE PESCAR
Fixemos un mar de cartolina. Botamos pintura branca e de diferntes tonos de azul e mesturámola coas mans. Despois fixemos peixiños de cores que pintamos con ceras e recortamos. Puxémoslles un clip de metal a cada un. Fixemos as canas cun pau de facer brochetas, un cordel, un imán e listo.
Despois de pescar en grupos, desenvolver estratexias e compartir segredos traballamos o texto prescriptivo de como se xoga. Cústalles moito definir perfectamente a forma de xogar e precisamente resulta moi relevante a toma de conciencia da necesidade de precisar para que todo o mundo o poda entender.
Pódense facer moitas variacións con este xogo. Por exemplo podeemos convertelo nun xogo para sumar marcando cada peixe cun valor diferente e calculando ao final o valor do que pescou cada quen. Outra posibilidade e facer unha comperición cronometrada de xeito quie estaríamos traballando o tempo, en minutos e segundos, que se tarda en pescar todos os peixes.
Mirade a presentación de diapositivas. Espero que vos guste e que opinedes
Fixemos un mar de cartolina. Botamos pintura branca e de diferntes tonos de azul e mesturámola coas mans. Despois fixemos peixiños de cores que pintamos con ceras e recortamos. Puxémoslles un clip de metal a cada un. Fixemos as canas cun pau de facer brochetas, un cordel, un imán e listo.
Despois de pescar en grupos, desenvolver estratexias e compartir segredos traballamos o texto prescriptivo de como se xoga. Cústalles moito definir perfectamente a forma de xogar e precisamente resulta moi relevante a toma de conciencia da necesidade de precisar para que todo o mundo o poda entender.
Pódense facer moitas variacións con este xogo. Por exemplo podeemos convertelo nun xogo para sumar marcando cada peixe cun valor diferente e calculando ao final o valor do que pescou cada quen. Outra posibilidade e facer unha comperición cronometrada de xeito quie estaríamos traballando o tempo, en minutos e segundos, que se tarda en pescar todos os peixes.
Mirade a presentación de diapositivas. Espero que vos guste e que opinedes
Supplique pour être enterré à la plage de Sète
Roteiro literario Miguelanxo Prado... de cine!
En relación co PDI, fixemos este primeiro roteiro arredor da figura de Miguelanxo Prado, un autor e ilustrador engaiolado polo mar galego e outros mares polos que recalou. Aquí tedes cumprida memoria do ben co pasamos e o moito que aprendimos seguindo os seus pasos dende Coruña ata Santiago.
domingo, 14 de diciembre de 2014
O Gran Azul
As alumnas e alumnos de 4º A/B de francés estivemos traballando este primeiro trimestre arredor da película de Luc Besson O Gran Azul coa banda sonora de Éric Serra na que se recolle de forma libre a rivalidade entre os mergulladores a pulmón libre (apnea) Jacques Mayol e Enzo Maiorca.
O enfeitizo e a obsesión polo gran azul marcará a vida dos personaxes... pero a realidade non foi tal e como a recolle a película -a nosa curiosidade levounos a pescudar o real e o imaxinario plantexado-.
Os seguintes enlaces levaranvos ata o traballo que fixemos
O director: Luc Besson
O compositor da banda sonora: Éric Serra
O actor protagonista: Jean Marc Barr
A persoa real: Jacques Mayol
O seu fillo: Jean-Jacques Mayol
O actor antagonista: Jean Reno
A persoa real: Enzo Maiorca.
A protagonista feminina: Rossanna Arquette
O gran mergullador que ostenta os maiores récords de baixada a pulmón libre: Herbert Nitsch
Se queredes sabelo todo sobre a disciplina deportiva da apnea (en castelán, bien sûr) non deixedes de clicar eiquí.
Gozádeo!
martes, 9 de diciembre de 2014
Belén en el fondo del mar.
Este ano para o festival de Nadal imos facer unha panxoliña titulada "Belén en el fondo del mar". Neste mes de decembro fixemos varias cousas para a posta en escea da nosa panxoliña.
Despois, pintamos e recortamos un cabaliños de mar que imos levar na man.
Por último, fixemos uns gorros de mariñeiro para poñer na cabeza e completar o noso disfraz.
miércoles, 3 de diciembre de 2014
Peixe Cantando de Miró.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria participamos na sección bilingüe de plástica. Este curso estamos traballando con diferentes pintores. Un deles é Miró.
Como na escola temos o Proxecto Documental Integrado sobre o mar na clase de plástica o que fixemos foi reproducir o cadro titulado "Peixe Cantando".
Primeiro observamos a lámina co cadro e falamos das cores que aparecían e das formas xeométricas.
Loga a mestra reparteunos unha lámina na que faltaban todas as cores e picamos algunhas das formas xeométricas.
Despois, recortamos trozos de papel charol e pegámolos nos sitios onde picaramos.
Para rematar, coloreamos a lámina o noso gusto.
Como na escola temos o Proxecto Documental Integrado sobre o mar na clase de plástica o que fixemos foi reproducir o cadro titulado "Peixe Cantando".
Primeiro observamos a lámina co cadro e falamos das cores que aparecían e das formas xeométricas.
Loga a mestra reparteunos unha lámina na que faltaban todas as cores e picamos algunhas das formas xeométricas.
Despois, recortamos trozos de papel charol e pegámolos nos sitios onde picaramos.
Para rematar, coloreamos a lámina o noso gusto.
miércoles, 19 de noviembre de 2014
domingo, 9 de noviembre de 2014
O mar da fin do mundo II: Marcados para sobrevivir
viernes, 10 de octubre de 2014
jueves, 2 de octubre de 2014
O Impacto do plástico nos océanos, nova exposición da Barrié de Vigo
Que fai tanto lixo no océano? Podedes facervos unha idea da catástrofe medioambiental que supón a nosa esaxerada producción e abandono do plástico na natureza.
Tedes dende o 13 de novembro ao 1 de marzo para visitala na Fundación Barrié de Vigo,
Para saber máis desta nova podedes ver a noticia completa na Voz de Galicia.
Fotos: wikipedia
miércoles, 1 de octubre de 2014
En 3ºA de Primaria empezamos o curso traballando sobre o mar.
O primeiro que fixemos foi decorar a porta da nosa clase. O día 10 de setembro coloreamos, recortamos e pegamos na porta algas, peixes e demáis animais do fondo do mar.
Cada ano tamén elaboramos unha tarxeta para felicitar os aniversarios d@s nos@s compañeir@s . Este curos eliximos unha paisaxe do fondo do mar na que unha chea de peixiños acompañan a un galeón fundido. Cada un de nós elixeu e decorou o seu peixe.
Velái tendes unha fotiños do que fixemos.
jueves, 11 de septiembre de 2014
martes, 9 de septiembre de 2014
Festival "Marea Alta" na Coruña
"El Festival Marea Alta es un encuentro artístico, educativo y lúdico de celebración y preservación del mar, que en septiembre de 2014 celebra su primera edición en la ciudad de A Coruña. El Festival Marea Alta es un encuentro internacional en torno al mundo marino que quiere festejar la importancia de los océanos como fuente de riqueza y recurso natural imprescindible. Además, busca concienciar a instituciones, empresas y ciudadanos de la necesidad de la preservación del ecosistema marino para garantizar su sostenibilidad.
Organizado por el Ayuntamiento de A Coruña, es un evento multidisciplinar que resalta la relevancia de los océanos en nuestra vida cotidiana y en el que diversos creadores y expertos nos mostrarán los últimos avances y creaciones en campos tan apasionantes como la pesca sostenible, el fotoperiodismo, la gastronomía o el reciclaje marino, entre muchos otros. El Festival Marea Alta son exposiciones, talleres, proyecciones, encuentros con artistas, científicos y representantes del sector industrial, debates, charlas, storytelling y mercado del mar, además de actividades gastronómicas relacionadas con el entorno marino." www.festivalmareaalta.org
Desenvolverase do 18 ao 30 de setembro e podedes ver o calendario aquí.
miércoles, 3 de septiembre de 2014
Alma de beiramar
Aquí podédela ler completa:
A ialma está no sangue mergullada,
vento, podes facela crencha como o río
en onde o cisne silandeiro nada.
Que ledicia ter alma de beiramar perdida
en onde hai pedra forte e furacán terriblel
en onde hai mainas ondas e dozura cumprida.
Ou ter alma de pino e de menhir alzado,
pra aloumiña-la noite do corazón escuro,
para quence-lo sono do luar acougado.
A ialma é unha vela encamiñada
pola forza do vento nos anceios
de ter alguén gardado nunha ollada.
martes, 2 de septiembre de 2014
Miguelanxo Prado: Mar interior
"O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial organizan a exposiciónMar interior. Miguelanxo Prado, unha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira que se realiza en Galicia.
A exposición reúne 59 obras orixinais de toda a carreira de Miguelanxo Prado. Divídese en dúas partes. A sala grande do museo está dedicada ao mar, unha constante na traxectoria do artista e nela poden verse obras de De Profundis, Ardalén, Trazo de Tiza, xunto con distintas ilustracións que teñen en común esta temática. Nesta mesma sala móstranse ilustracións da cidade de Santiago de Compostela, pola que Prado sente unha especial debilidade. Ademais, en tres vitrinas recóllese unha selección das súas obras en distintas linguas, xa que é un dos autores galegos máis traducidos, ata a 17 idiomas.
Noutra sala pódese ver un compendio dos seus primeiros traballos no mundo do cómic e ilustracións que ten realizado para outros escritores galegos e de fóra. Neste espazo tamén se lle rende unha pequena homenaxe ao Xabarín, que Miguelanxo Pradou creou nos noventa. E proxéctase Os Vixilantes do Camiño, a serie de animación en 2D que produciu para a Televisión de Galicia en 1999, inspirada no Camiño de Santiago e que protagonizan os personaxes do Xabarín Club."
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/axenda.php?lg=cas
A exposición estará ata o 31 de decembro o horario é de martes a sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 21. O domingo, de 11 a 14 horas
jueves, 3 de julio de 2014
Novo proxecto... novo blogue!
Aquí chega o barco que nos levará a descubrir mares e océanos. Tedes preparado o equipo? Se é así subide a bordo. Espéravos unha nova travesía.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)